Situada
na parroquia de Loureiro, concello do Irixo a Cooperativa
Santa Mariña de Loureiro
creouse
no ano 1966.
No
seu comezo, a finalidade era a venda de gando, con isto tentábase
axudar ós máis de 50 socios pertencentes á cooperativa a evitar os
intermediarios que participan na venda dos animais.
A
finais do ano 1968, comeza a produción de leite.
En
1976 o ministerio de Industria concédelle o título de central
leiteira, producindo leite envasada en botellas de cristal.
A
evolución da cooperativa continúa coa elaboración de queixos de
forma artesanal. Pouco despois o método de envasado do leite pasa da
botella a ser envasado en bolsas de polietileno, a coñecida como
"leite do día".
Pouco
despois comézase coa fabricación de iogur con bifidobacterias.
No
ano 1998, Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, lanza ó mercado o
primeiro kéfir de leite de vaca fabricado en Galicia.
Cooperativa
Santa Mariña de Loureiro,
caracterizouse desde os seus inicios, por ser un elemento dinamizador
socio-cultural do seu contorna, realizando non só labor de empresa,
senón labor social, ó organizar múltiples actividades educativas e
culturais para mozas e maiores, potenciando así a formación dos
seus integrantes.
O
noso Fundador
D.
Antonio González Bernárdez, naceu en Loureiro, Ourense, no ano
1931. Desde a súa infancia manifesta a súa vocación cristiá, o
que lle leva a dedicar a súa vida aos demais como sacerdote.
No
ano 1965 toma posesión como párroco de Loureiro, envorcándose na
evolución do seu pobo.
En
1966 funda a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, destinándoa á
venda de carne. As inquietudes do noso fundador por mellorar a
calidade de vida das súas xentes, fan que unha vez estudado o
mercado existente, decántese pola produción leiteira.
Ós
poucos, leva a cabo novos servizos, co fin de facilitar o labor do
gandeiro, así se constitúe unha fábrica de pensos.
Ademais
diversifica a produción con novos produtos, sempre respectando a
máxima de ofrecer produtos frescos, sans e de calidade, sen aditivos
nin conservantes.