

Por favor, regístrese para que podamos notificarle una respuesta
Iogur elaborado de xeito tradicional, tal como se facía nos comezos da cooperativa fai mais de 50 anos. Por iso, o iogur Loureiro, conserva o recordo dos alimentos lácteos que nos preparaban de cativos nos nosos fogares. Un iogur o que non se engade ningunha clase de aditivo, elaborado só con leite e fermentos lácticos, e coa adición de bifidobacterias.
É precisamente a adición das bacterias bífidos, a que lle da o carácter e particularidade o produto, por aumentar o seu valor probiótico, e ser un aliado indispensable na nosa dieta diaria.
O iogur de Loureiro é un derivado lácteo de cor branca, textura firme, con presenza de baixa cantidade de soro na súa superficie. Padal lixeiramente doce e resaibo acedo. Elaborado con leite de vaca ecolóxica parcialmente homoxeneizada, procedente de ganderías galegas de calidade diferenciada. Sistema de elaboración tradicional, mediante a adición de fermentos lácticos ao leite fresco, sen adición de ningún tipo de conservante ou colorante.
CONSERVAR EN FRÍO +0º C/ +5º c. O produto é susceptible de sufrir alteracións se non se respecta a cadea de frío. Indícase data de consumo preferente na tapa do envase. O número de lote é coincidente coa data de consumo preferente. O produto está elaborado para o consumo directo, sen necesidade de cociñado, nin pasos previos.
Na Cooperativa Santa Mariña de Loureiro dedicámonos á fabricación e venda de produtos lácteos naturais. Co leite da nosa cabana gandeira elaboramos leite pasteurizada e derivados lácteos, obtendo iogur, kéfir, requeixo e queixo de calidade inigualable. Nos tempos que vivimos nos que o inmediato e o urxente queren atrapar os nosos sentidos, en Cooperativa Santa Mariña de Loureiro apostamos polo tradicional, polos produtos 100% naturais, sen conservantes, nin colorantes, porque un produto de calidade non necesita aditivos.
INFORMACIÓN NUTRICIONAL |
|
|
Por 100 g |
Valor enerxético |
58.7 Kcal |
Graxas Das cales: - ácidos graxos saturados |
3.3 g
2.21 g |
Hidratos de Carbono Dos cales: - Azucres |
4.1 g
3.0 g |
Proteínas |
3.08 g |
Sal |
0.12 g |
No se encontraron opiniones