Xa fai 100 anos que Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, membros da coñecida Xeración Nós, daban conta no seu diario de viaxe cara Santiago de Compostela, da súa parada na casa de comidas acaroada a panadería A Ponte, xa eles deixan escritas as bonanzas deste pan.
Un século despois é Manuel Salgueiro, o que segue a facer a maxia dos panadeiros, con fariña de trigo, auga e sal, como únicos ingredientes, o que fai do pan de A Ponte un pan totalmente artesanal de miga suave e codia firme e crocante.
Manuel Salgueiro é panadeiro dende mozo. Home que se achegou as nosas terras por casamento, coa súa muller Montse, veciña de Vila, e que xuntos lideran este proxecto familiar. Si é Manuel o que se encarga da arte do forno, é Montse a que día a día, co seu sorriso por bandeira, chova ou neve leva o pan ata os fogares dos veciños de O Irixo que o demanden.
Amasado tradicional, longas fermentacións, forno de leña e o bo facer do panadeiro, fan do pan de A Ponte un alimento icónico nas nosas bisbarras.
A panadería A Ponte destaca por a súa elaboración tradicional en forno de leña, usando só as mellores materias primas. Pan de peza, petolo, pan de centeo, ricas e variadas empanadas,… conforman a súa oferta de produto salgado tradicional e afincado o seu orixe. No apartado de doces, destaca o seu queique de noces, feito con mimo e esmero, un a un e no forno do pan, co calor e particularidades que o forno tradicional confire.
Envíos: o pan e empanadas elabóranse o mesmo día de envío. No caso de pan o envío chegará en 24 horas, atrasándose ata 48 horas (pedidos antes das 13 horas) e ata 72 horas (pedidos realizados a partir da 13 horas) no caso de empanadas, xa que estas se realizan baixo encarga.