Xa
fai 100 anos que Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo,
Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, membros da coñecida Xeración
Nós, daban conta no seu diario de viaxe cara Santiago de Compostela,
da súa parada na casa de comidas acaroada a panadería A Ponte, xa
eles deixan escritas as bonanzas deste pan.
Un
século despois é Manuel Salgueiro, o que segue a facer a maxia dos
panadeiros, con fariña de trigo, auga e sal, como únicos
ingredientes, o que fai do pan de A Ponte un pan totalmente artesanal
de miga suave e codia firme e crocante.
Manuel
Salgueiro é panadeiro dende mozo. Home que se achegou as nosas
terras por casamento, coa súa muller Montse, veciña de Vila, e que
xuntos lideran este proxecto familiar. Si é Manuel o que se encarga
da arte do forno, é Montse a que día a día, co seu sorriso por
bandeira, chova ou neve leva o pan ata os fogares dos veciños de O
Irixo que o demanden.
Amasado
tradicional, longas fermentacións, forno de leña e o bo facer do
panadeiro, fan do pan de A Ponte un alimento icónico nas nosas
bisbarras.
A
panadería A Ponte destaca por a súa elaboración tradicional en
forno de leña, usando só as mellores materias primas. Pan de peza,
petolo, pan de centeo, ricas e variadas empanadas,… conforman a súa
oferta de produto salgado tradicional e afincado o seu orixe. No
apartado de doces, destaca o seu queique de noces, feito con mimo e
esmero, un a un e no forno do pan, co calor e particularidades que o
forno tradicional confire.
Envíos:
o pan e empanadas elabóranse o mesmo día de envío. No caso de pan
o envío chegará en 24 horas, atrasándose ata 48 horas (pedidos
antes das 13 horas) e ata 72 horas (pedidos realizados a partir da 13
horas) no caso de empanadas, xa que estas se realizan baixo encarga.