2. ENVÍO DE PEDIDOS
"Merca O Irixo" non enviará ningún pedido ata que comprobase que se realizou o pago. Os envíos de mercadorías ou productos faranse habitualmente mediante empresa de transporte contratada por “Merca O Irixo” ou polos seus propios medios, o desplazamento faráse en transporte de frio, os transportes van por conta de “Merca O Irixo” e asume este cando sexán canjeados por “vales desconto que se farán a clientes” e segundo o destino designado libremente polo USUARIO. As datas ou prazos de entrega entenderanse aproximadas sendo estiamdas en 48 horas según do produto que se trate, non constituíndo o atraso incumprimento esencial. No caso de que “Merca O Irixo” non realizase a entrega da mercadoría transcorridos as 24 horas do día seguinte o pedido ou dende a data de entrega pactada, o cliente quedará lexitimado para cancelar o pedido e recibir a devolución do importe total pagado sen ningún custo, e sen que por iso derívese ningunha responsabilidade por danos e prexuízos imputable a “Merca O irixo”. O prazo de entrega adoita estar comprendido entre 12 e 24 horas dos días laborables seguintes a confirmación de pedido ou data de entrega, así como tamén dependerá para pactar a data de entrega a poboación de destino e a forma de pago elixida. Enténdese este termo sempre que se confirmou a dispoñibilidade da mercadoría e comprobado o pago completo do pedido feito polo Usuario.“Merca O Irixo”, non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse, por ser os datos facilitados polo USUARIO, falsos, inexactos ou incompletos. A entrega considerarase realizada no momento en que o transportista puxese os produtos a disposición do USUARIO e este, ou o delegado por este, asinase o documento de recepción da entrega. Corresponde ao USUARIO verificar os produtos á recepción e expoñer todalas excepcións e reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción da entrega.
3. DEREITO DE DESISTENCIA
O USUARIO ten os mesmos dereitos e prazos para proceder a realizar a devolución e / ou reclamar os posibles vicios ou defectos que presente o produto ou servizo, tanto en modo en liña como fóra de liña. O USUARIO dispón dun prazo de 24 horas do día seguinte, e contados a partir da data de recepción do produto, para a devolución do mesmo (artigo 71 da Lei 3/2014 do 27 de marzo). Salvo que a devolución sexa realizada por defectos no produto, os gastos relativos ao envío serán asumidos por parte do USUARIO. O produto deberá ser devolto na súa embalaxe orixinal e en perfecto estado. O dereito de desistencia non poderá aplicarse nos seguintes casos:
a) Se o produto non se presenta en perfectas condicións.
b) Se as embalaxes do produto non son os orixinais ou estes non se atopan en perfecto estado. A embalaxe orixinal deberá protexer o produto de maneira que se reciba en perfectas condicións, quedando prohibido o uso de precintos e cintas adhesivas aplicados directamente sobre o mesmo.
c) Cando o produto estea aberto e retirado o precinto sen poderse demostrar que non se usou ou manipulou.
d) Cando sexan produtos personalizados ou aqueles, que por razóns de hixiene ou outras excepcións legalmente previstas, non sexan susceptibles deste dereito. Toda devolución deberá estar comunicada a “Merca O Irixo” indicando o número de factura ou pedido no correo electrónico devoluciones@tendaoirixo.es. Unha vez o USUARIO recibise resposta por parte de “Merca O Irixo” fará chegar o produto, cos gastos de transporte ao seu cargo, no domicilio de Concello de O Irixo, “Merca O Irixo”, en Praza de Calvo Sotelo, no 10 O IRIXO (32530) (Ourense)